Symbaloo

Boas noites!

O venres día tres tivemos unha sesión de Novas Tecnoloxías das clases B onde aprendimos a utilizar tres aplicacións: Pinterest, Symbaloo e ChatterPix.

Pinterest é unha rede social basada en imáxenes, na liña de Fotolog, Tumblr e outras pero tamén permite a comunicación entre usuarios, a cal é moi sinxela. Para acceder a Pinterest precisas recibir unha invitación de parte dun usuario ou usuaria.


Unha vez rexistrado, están dispoñibles distintos taboeiros ou "boards" e algunhas ou algúns usuarios aos que sigas. Outra posibilidades que te ofrece esta aplicación é a capacidade para crear cantos taboeiros precises ou queiras ter, clasificados en diferentes categorías (animais, arte, coches, educación, tecnoloxías, vacacións e acontecementos etc).


Symbaloo é un escritorio online, é dicir, un escritorio ao que podemos ter acceso dende calqueira ordenador, móbil ou tableta con conexión a Internet, sen necesidade de instalar nada. É moi útil para ter organizadas todas as páxinas web ou URL que nos interesen nun taboleiro, de forma moi visual e atractiva.


Chatter Pix é unha aplicación enfocada de cara aos nenos e nenas en idade escolar, ten un gran valor educativo xa que podemos usala na aula para poñer voz a calqueira obxecto ou imaxe. Como futuros mestres podemos empregala para presentar contidos ou polo alumado para facer as sesión máis didácticas e amenas. 


Como reflexión de esta sesión cremos que foi produtiva xa que, en só dúas horas, coñecemos tres aplicacións diferentes e aprendemos a utilizalas, a parte de seguir co traballo neste Blog. Espero que o resto das sesións sexan tan fructíferas. 


Un saúdo!




Webmix blog: “Tecnología sin Fronteras”





Webmix : “Blog Compañeros”




 

Comentarios

Entradas populares